De certo que algunha vez te preguntaches por que os deseñadores andan sempre a pedir un ficheiro EPS
Podes usar as frechas → para avanzares ou preme nos trianguliños azuis de embaixo.
Outros idiomas: Česky, Portugués, Portugués-brasileiro, Italiano, Español, Francés, Català, Nederlands, Русский, Türkçe.
E é un ficheiro JPEG.
Por tanto, ten un fondo branco.
E iso non nos mola.
É dicir, que pasa se non queremos usar o noso logo cun fondo con outra cor?
Non daremos saído deste fondo branco.
Velaí está! O fondo branco desaparece!.
Mais isto non é todo!
Que se volve horrible inzado de píxeles!
Olá!! Podemos agrandalo canto queiramos que seguirá igual de nítido.
Como queira que é un formato cuxa compresión provoca "perdas", a calidade do traballo vese resentida.
É certo. Os ficheiros EPS teñen un formato que podemos considerar como "profesional" e pode ser que non o deas aberto.
(Ora ben, ten a certeza de que todos os deseñadores, impresores e desenvolvedores web non van ter problemas deste tipo.)
Daquela, que podo facer?
Os ficheiros PNG. Son coma os JPEG, mais poderalos abrir, empregalos nos teus ficheiros, presentacións etc.
E sen fondo branco. Perfecto!!
Si.
Vexamos como fai Twitter.
EPS e PNG (chámalles parvos!)
mais iso agora non importa. Quédate coa idea de que tes que asegurarte sempre de ter un vector EPS e un PNG cun fondo transparente para o teu logo.
Veña, bule! Xa podes irte. Pásao ben!
Os formatos SVG e PDF pódense empregar dun xeito efectivo para xestionar a túa identidade en liña e mesmo para imprimir... (pregúntalle ao deseñador que teñas de man para máis detalles).
Ora ben, iso non significa que poidas incluír un ficheiro JPEG nun documento de Word e gardalo como PDF.
Obra de Larry Hynes.
Creado co potente Reveal.js.
Inspirado en no-www.org.
Grazas a @joffley, @bjango, @jescalan, @arnauvp e a Al Haigh polos comentarios e suxestións.
Por que non participas no GitHub?